| |

Exténdese
ó norte do Concello de A Estrada, a carón
da estrada C-541 e remata na Ponte Vea, camiño
da cidade de Santiago de Compostela.
Antigo
e histórico cruce do "Camiño Real"
que chegaba pola beira esquerda do río Ulla, dende
Pontecesures por Bumio, e do "camiño francés"
que dende as terras de Cuntis se dirixía a Compostela.
É unha parroquia pequena en extensión (1.8 km2) que
comprende os lugares de Fontenlo, Sequeiró, Barco,
Maíndo, Couso e O Castro.
|
 |
A Ponte Románica de Ponte Vea sobre o río
Ulla (antigo paso da estrada C-541), con seis arcos e representada
no escudo do Concello da Estrada. Une A Estrada e o Val de
Vea con Santiago de Compostela. Ao seu lado construíuse unha nova ponte para dar facilidade
ao tráfico ata a vila xa que o antigo só mide
2.5 m de ancho
Dous cruceiros con figura, un no lugar de Sequeiró,
e outro no lugar de Maindo.
A Igrexa parroquial, cunha mestura de estilos arquitectónicos
A Casa forte de Maíndo (s.XVI), magnífico
exemplo de casa solariega e primeira residencia do Capitán
Xeneral do reino de Galicia, Don Pedro de Cisneros, chegado
de Castela. Herdeiros deste gobernador emparentaron co Conde
de Ximonde que chegou a ser dono dunhas importantes pesqueiras
de salmón. Atópase moi ben conservada, e na
actualidade é propiedade da familia Lissarrague.
En
todas as aldeas se atopan fermosas casas de labranza, fontes,
hórreos...

Un
pouco máis abaixo está o célebre couto
salmoneiro de Couso, mais coñecido como Xirimbao.
É un dos tres que ten este río en terreos estradenses
e quizais o mellor dotado,
de grande beleza paisaxística.

Conta
cunha pasarela peonil de aramio (recentemente restaurada) que une os concellos de A Estrada e Teo
e dende
a que se pode observar todo o couto e unha grande parte da aldea
de Maíndo.
 |
 |
Entre as tradicións coas que conta esta parroquia, dise que
aquí naceu en
1835 Pepa a Loba, que chegaría a ser a figura
máis lendaria do bandoleirismo galego do século
XIX.
Os entroidos tamén son parte da tradición
desta zona. Os encontros dos Xenerais do Ulla están
documentados dende os anos mil setecentos oitenta coa mascarada
da parroquia de Oca, do escritor Alfredo Vicenti. Seguiu esa
tradición a través dos tempos, agás no
período da guerra civil española.
As xentes das parroquias estradenses que se acochan na brétema
do Ulla levan nos xenes estas loitas verbais que naceron como
identificación propia da parroquia. Carnavaleiras de
sempre foron as de Paradela, Santeles, Santa Cristina
de Vea, San Xurxo de Vea, Toedo...
Durante a segunda metade do século pasado celebrase
un entroido conxunto de varias das parroquias do Val de Vea
(Couso, Sta. Cristina de Vea e San Xorxe de Vea) co seu centro
de atención en Souto de Vea ata o último cuarto
de século no que cada parroquia comeza a celebrar
o seu propio.
A
partires do ano 1990, a xente de de Couso, herdeira destas xeiras
e coñecedora dos temas a discutir; partindo da nada,
sen cabalos, sen roupas, sen arreos; pero unidos nun esforzo
común, cuns devezos de superar aos anteriores entroidos,
organiziu uns encontros: singulares, polos temas tratados; vistosos,
polos traxes e cabalos e admirados, pola súa perfecta
organización. |
 |
Dende
fai varias décadas e ata actualidade, nesta parroquia
cóntase cunha xuventude dinámica e ben preparada
que participa con éxito en grande cantidade de accións
deportivas e culturais: representacións
teatrais, campionatos de baloncesto
e fútbol (máis de vinte anos ininterrumpidos),
a festa do árbore,
a festa do escalo

os entroidos

o Sporting Saching Clube

o festival "As Nosas Músicas", as festas
do cocido, a charanga "Os Espaparros"...
|
|
|